A vila
Preséntome, son Dacio, rapsodo dipsómano para servilos, a cambio dunha botelliña de augardente de risado achegareinos devagar a cada recanto do meu Denantes natal, vila mariñeira situada alén de xalundes, acolá de ningures.
Banco, Casa, Casa dos Egruever, Cemiterio, Fiestra, Fraga, Igrexa, Muíño, Paporroibo, Praia, Praza de abastos, Rúa, Veiga,
Banco
Asexa
Pétreo apousento das cachas,
óptimo espazo para enganar o tempo,
testemuña de meteorolóxicas charlas,
lizquente no entretempo e axeado no inverno.
Cemiterio
Asexa
Lápidas e nichos,
flores, choros e responsos,
fogar de ánimas ermo,
derradeira vía ao inferno.
Muíño
Asexa
As bobinas a xirar,
marca o río o compás,
réptiles manteñen a raia aos insectos,
os denanteses soñan espertos.
Veiga
Asexa
Patacas, millo, cebolas,
regos ben dereitiños,
legóns, sachos, forcadas,
corcovos de brandear os fouciños.








