Sobre a beta
“Os deuses de Denantes son probes abondo para non poderen mercar un aloxamento de seu, así que polo de aghora estamos hospedados en WordPress.com” Lito
“Este feito ten sertos inconvenientes, un non se pode sindicar ás RSS do sitio que detecta o seu naveghador (se o fas, verás que chegha todo na orde incorrecta), pois para que os textos se presenten de maneira coherente, tívose que alterar a cronoloxía. Si podedes subscribirvos ás fontes RSS que fighuran no menú da dereita (o peix’ alaranxado, si), que vos avisarán cando haxa un capítulo novo.” Xuli
“Onda cada relato, aparese un publicado: mes, pero non vale ren, nin di o mes do ano no que transcorre a acsión aquí, en Denantes, nin tan sequera o mes do ano no que foi publicado o capítulo, é outra consecuensia de non ter o control sobre a hospedax’.” Abisinio
“Os comentarios e críticas sobre o funsionamento do sitio, non do contido dos capítulos, cómpre que os faghades nesta páxina para que sexa máis doado ter en conta as vosas suxestiois. Os comentarios sobre un capítulo completo deberán ir na entrada Comentarios do capítulo X que está ó final de cada capítulo e os que sexan sobre un relato en concreto, nese mesmo relato.” Heitor
“Ninghén sabe a día de hox’ canto durará a beta, os capítulos irán cheghando devaghar, sen gharantir ninghunha periodisidade namentres esteamos nesta fase.” Olga








